Subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma Galega para o ano 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
9361 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 7 de febreiro de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na Comunidade Autónoma galega das persoas galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2017.
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
20.02.2017
Estado: 
Procedemento pechado

Obxecto:

Promover o retorno das persoas emigrantes galegas a través do fomento do autoemprego e a actividade emprendedora das persoas galegas retornadas na Comunidade Autónoma galega, subvencionando os gastos que leva consigo o seu establecemento como traballadores/as autónomos/as ou por conta propia, ou como socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado.

Persoas beneficiarias

Poderán ser beneficiarias destas subvencións as seguintes persoas, que residindo fóra de España, se establezan na Comunidade Autónoma galega:

  1. As persoas galegas e nacidas en Galicia
  2. Os/as cónxuxes ou persoas con unión análoga á conxugal e os/as fillos/as das persoas galegas e nacidas en Galicia

Requisitos

  1. Requisitos comúns

    Todas as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

    a) Acreditar a condición de persoa beneficiaria de acordo co disposto no apartado anterior.

    b) Estar en posesión da nacionalidade española antes do retorno a España.

    c) Non ter transcorrido máis de dous anos entre a data do seu retorno a España e a data de presentación da solicitude de axuda ao abeiro da resolución de convocatoria.

    d) Residir e exercer a súa actividade laboral ou profesional na Comunidade Autónoma de Galicia.

    e) Non ter sido beneficiaria desta axuda para a mesma actividade ao abeiro de anteriores convocatorias.

    f) Non incorrer en ningunha das circunstancias e prohibicións para obter a condición de beneficiario de subvencións enumeradas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  2. Requisitos específicos.

    Ademais dos requisitos comúns, as persoas solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos, segundo se trate de traballadores/as autónomos/as ou por conta propia ou socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou de cooperativas de traballo asociado.

    2.1 Traballadores/as autónomos/as ou por conta propia:

    a) Ser titular dun negocio ou explotación ou formar parte dunha sociedade civil ou comunidade de bens.

    b) Estar dado de alta no réxime correspondente da Seguridade Social ou mutualidade do colexio profesional que corresponda, no período ao que se refire o punto c) do apartado de requisitos comúns.

    2.2. Socios/as traballadores/as de sociedades laborais ou cooperativas de traballo asociado:

    a) As entidades deberán estar legalmente constituídas e inscritas no Rexistro Administrativo de Sociedades Laborais de Galicia ou no Rexistro de Cooperativas de Galicia.

    b) Afiliación da entidade na Seguridade Social e de cada unha das súas persoas traballadoras no período ao que se refire o punto c) do apartado de requisitos comúns.

Gastos subvencionables
Serán gastos subvencionables os gastos de establecemento tales como gastos de notaría e rexistro, cursos técnicos específicos, subscricións, cotas de participación en asociacións empresariais ou profesionais e gastos de colexiación, servizos de profesionais, tributos, licenzas administrativas, gastos derivados do desenvolvemento e implantación da páxina web e da pasarela de pagamento para a realización de vendas online, publicidade e propaganda, primas de seguros, arrendamento de local, de maquinaria e de equipamentos informáticos, e subministración de servizos imputables ao desenvolvemento da actividade (calefacción, gas,  auga, electricidade, telefonía e internet), xerados nos tres meses anteriores á alta no réxime correspondente da seguridade social ou Mutualidade do colexio profesional que corresponda ata a finalización do prazo de xustificación recollido na resolución (antes do 31 de outubro de 2017). Quedan excluídos do ámbito de aplicación desta resolución os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación e os impostos persoais sobre a renda.

Para estes efectos considerarase gasto realizado o que foi efectivamente pagado con anterioridade á finalización do referido prazo de xustificación.

 

FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

 

Outra documentación para descargar: Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)

Lugar de presentación da documentación:

  1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario electrónico normalizado que figura como anexo I da resolución, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
  2. Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia
  3. Para presentar as solicitudes poderase empregar calquera dos mecanismo de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluíndo o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal.chave365)

  4. A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada

  5. Opcionalmente, as persoas interesadas poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
29.09.2017