Programa de Bolsas Excelencia Mocidade Exterior 2018
OBXECTO:
Ofertar aos/ás galegos/as universitarios/as residentes no estranxeiro a posibilidade de adquirir unha especialización académica de mestrado nunha universidade galega, coa finalidade de que amplíen a súa formación e adquiran competencias e habilidades que favoreza a súa inserción laboral e futuro profesional en Galicia e que a sociedade galega se enriqueza cos coñecementos e experiencias profesionais internacionais que acheguen estes/as galegos/as con formación universitaria.
CARACTERÍSTICAS
- 100 bolsas de excelencia
- Másteres ofertados polas Universidades de:
-Vigo (campus: Vigo e Ourense)
-A Coruña (campus: A Coruña e Ferrol)
-Santiago de Compostela (campus: Santiago e Lugo) - Áreas:
-Artes e Humanidades
-Ciencias
-Ciencias da Saúde
-Ciencias Sociais e Xurídicas
-Enxeñería e Arquitectura - Cada universidade ten os seus propios prazos de Matrícula.
- Condicións da concesión da bolsa: estar matriculado/a nun mestrado mínimo 60 créditos modalidade presencial e que se imparta o Título Oficial de Mestrado para o cal se realizou a matrícula.
- Esta axuda é incompatible con calquera outra bolsa ou axuda financiada por calquera Administración, institución ou ente público para cursar os estudos de mestrado oficial.
- Anualidades:
-Mestrado 60 créditos: 2018/2019
-Mestrado 90 créditos: 2018 / 2019 e 2019/2020 - Período de desfrute, dotación e prazos de abono:
| Créditos ECTS | Nº cursos | Período desfrute | Dotación Europa | Abono | Dotación Resto Países | Abono |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 60 – 72 | 1 | Setembro 2018 a xullo 2019 | 7.000 € | 1ºprazo: 5.000€ 2ºprazo: 2.000€ |
7.650 € | 1ºprazo: 5.000€ 2ºprazo: 2.650€ |
| 90 | 1,5 | -Setembro 2018 a xullo 2019 -Setembro 2019 a febreiro 2020 |
10.500 € | 1ºprazo: 5.000€ 2ºprazo: 2.000€ 3ºprazo:3.500€ |
11.475 € | 1ºprazo: 5.000€ 2ºprazo: 2.650€ 3ºprazo: 3.825€ |
- O/a beneficiario/a deberá afrontar todos os gastos que lle xurdan para poder realizar o máster.
BENEFICIARIOS/AS
- Persoas galegas residentes no exterior cunha titulación universitaria de grao, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, arquitecto técnico ou enxeñeiro técnico.
REQUISITOS
- Ser menor de 40 anos
- Estar en posesión da nacionalidade española
- Residir no estranxeiro
- Acreditar un mínimo de dous anos de residencia no estranxeiro inmediatamente anteriores á data de presentación da solicitude.
- Ser emigrante nado/a en Galicia ou que residise en Galicia de forma continuada durante 10 anos con nacionalidade española antes de emigrar, así como os/as descendentes por consanguinidade dunha destas persoas e que nacesen no estranxeiro.
- No caso das persoas nadas no estranxeiro, estar vinculado/a a un concello galego.
- Finalizar e estar en posesión dalgunha titulación universitaria de grao, arquitecto/a, enxeñeiro/a, licenciado/a, arquitecto/a técnico, diplomado/a, enxeñeiro/a técnico ou outro declarado equivalente de forma expresa.
- Estar matriculado/a no curso 2018/19 nun mestradoo universitario dos ofertados nesta convocatoria , dun mínimo de 60 créditos na modalidade presencial.
| FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: | picar aquí para acceder |
Outra documentación para consultar:
- Texto completo da convocatoria no D.O.G. (picar aquí para descargar)
- Extracto da convocatoria en el D.O.G. (picar aquí para descargar)
Máis info:
- Preguntas frecuentes: pinchar aquí para acceder
- Listado de mestrados: pinchar aquí para consultar
- Listado de prazos: picar aquí para consultar
FORMA Y LUGAR DE PRESENTACIÓN DE LAS SOLICITUDES:
Las solicitudes se presentarán obligatoriamente por medios electrónicos a través del formulario electrónico normalizado, que figura como anexo II de la resolución a título informativo, accesible desde la sede electrónica de la Xunta de Galicia, bolsasexcelencia.xunta.gal.



