Programa de actividades de campamentos e campos de traballo 2009

Listen to this page using ReadSpeaker
2124 lecturas
A Secretaría Xeral de Emigración ten coma un dos seus obxectivos promover a participación da colectividade galega no exterior na nosa vida cultural e social, o desenvolvemento de actividades culturais, de accións solidarias e tempo libre dirixidas á xuventude do exterior, así como o fomento da partiparticipación dos mozos e mozas descendentes de galegos nos programas e servizos a favor da xuventude.
Estado: 
Procedemento pechado

Nome do programa: Programa de actividades de Campamentos e Campos de Traballo 2009. 

Destinatarios: Mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior. 

Características:

Requisitos dos beneficiarios:

Poderán ser beneficiarios deste programa os mozos e mozas que, cumpran os seguintes requisitos (acreditados suficientemente coa documentación que acompaña á solicitude de participación):

  • Ter residencia habitual fóra de Galicia.
  • Ter nacido en Galicia ou ser descendente de galego ata o segundo grao de consanguinidade.
  • Ter nacionalidade española.
  • Atoparse vinculado con calquera concello galego no censo electoral de residentes ausentes (CERA), para aqueles solicitantes que teñan 18 ou máis anos.
  • Ter unha idade entre 14 e 22 anos, o 30 de xuño de 2009 para os participantes en actividades de campamento.
  • Ter unha idade entre 18 e 30 anos, o 30 de xuño de 2009, para os participantes en campos de traballo.
  • No caso dos solicitantes de actividades de campamentos, ,non ter participado en edicións anteriores deste programa.
  • No caso de solicitantes de campos de traballo non ter participado en edicións anteriores na modalidade de campos de traballo.
  • Non contar con ingresos superiores, en renda per cápita, a 2.5 veces o salario mínimo interprofesional ou equivalente, de referencia para 2009, do país de residencia do solicitante, agás os solicitantes residentes en Cuba. 

Modalidades:

Actividades de campamento (336 prazas):

Na quenda do 1 ao 12 de xullo ten lugar a actividade Galicia: verde e azul, que busca proporcionar aos mozos e mozas de fóra de Galicia un mellor coñecemento da nosa terra; residirán os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 17 anos- en dúas instalacións: seis días na zona de interior (no Camp. Xuv. Os Chacotes , Palas de Rei (Lugo)) e seis días na zona de costa ( no Albergue Xuvenil de Gandarío-Bergondo (A Coruña)), permanecendo en tendas de campaña no primeiro caso e nun albergue, en cuartos compartidos, no segundo

Na quenda, do 17 ao 28 de xullo, teñen lugar as Rutas coñece Galicia, a través dunha actividade de campamento itinerante, residindo os participantes -con idades comprendidas entre os 14 e os 22 anos- en tres instalacións de tipo albergue ou residencia xuvenil (en cuartos compartidos), cunha permanencia duns 4 días en cada unha delas.

Complemento das actividades son as prácticas deportivas variadas acordes coa instalación en que se atopen residindo e actividades culturais para o coñecemento da realidade social de Galicia

Campos de traballo (28 prazas):

Participantes con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, en modalidades tales como: arqueoloxía/social, ambiental e cultural-etnográfica. Trátase de actividades de colaboración desinteresada e voluntaria en traballos diversos na procura dun maior coñecemento da nosa cultura, da mellora ambiental do noso contorno e da recuperación do patrimonio cultural e arquitectónico. Ademais do traballo, ofrécese un programa con actividades de convivencia, de animación, de lecer e tempo libre. 

Número de prazas:

336 prazas en actividades de campamento e 28 en campos de traballo. 

Datas de realización:

Actividades de campamento

  • do 1 ao 12 de xullo
  • do 17 ao 28 de xullo

Campos de traballo

  • do 2 ao 13 de xullo
  • do 16 ao 30 de xullo
  • do 16 ao 27 de xullo
  • do 17 ao 28 de xullo
  • do 1 ao 15 de agosto
  • do 3 ao 14 de agosto 

Prazo de presentación: Ata o 28 de Febreiro de 2009.

Ampliouse o prazo de matriculación ata o día 16 de marzo de 2009 (Resolución 23 de Febrero - DOGA 2 Marzo)

Lugar de presentación:

  • Secretaría Xeral de Emigración ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
  • Na Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires.

Nas entidades colaboradoras que se sinalan a continuación, habilitadas para a presentación telemática das súas solicitudes:

* En Brasil:

  • Peña Galega da Casa de España (Río de Janeiro).
  • Real Sociedad Española de Beneficencia (Salvador-Bahía)
  • Sociedade Hispano Brasileira de Socorros Mutuos e Instruçao (Sao Paulo).
  • Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro (Santos).

* En Uruguai:

  • Unión de Sociedades Gallegas (Montevideo).

* En Venezuela:

  • Hermandad Gallega de Venezuela (Caracas).

Nota:

Para a presentación destas solicitudes, os interesados poderán tamén utilizar o Rexistro Telemático da Xunta de Galicia. Para iso deberán posuír un certificado dixital expedido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (Real Casa da Moeda).

Non obstante, aqueles que non conten co dito certificado poden dirixise ás entidades colaboradoras, nas que hai persoas habilitadas para presentar na Secretaria Xeral de Emigración, por vía telemática, as solicitudes destes particulares, facendo constar a autorización dos mesmos. 

Resolución: Resolución do 19 de decembro de 2008, da Secretaría Xeral de Emigración, pola que se convoca e se regula para o ano 2009 o programa de axudas para a participación en actividades de campamentos e campos de traballo dirixidos a mozos e mozas de orixe galega ou descendentes de galegos e que residan no exterior. 

Convocatoria: D.O.G. (Diario Oficial de Galicia) Nº 2 , 5 de xaneiro de 2009 

Promovido por: Secretaría Xeral de Emigración coa colaboración da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia a través da súa Dirección Xeral de Xuventude e Solidariedade.  

Ano: 2009

Contacto:

  • Entidades colaboradoras habilitadas
  • Secretaría Xeral de Emigración: Servizo de Acción Socio-Cultural
    Teléfonos: 981545837 – 981547277 - 981547278
    Fax: 981547295 - 981957055
    e-mail:accion.cultural.em.sc@xunta.es

Documentación:

Guía do cidadán

Anexos

Modelo da solicitude para cubrir on line (prazo pechado)

Podes redactar directamente sobre o formulario os datos e a continuación imprimir o documento coa información cumplimentada

Data de publicación: 02 de Marzo de 2009

Listados: Comprobar as listas de admitidos