Bolsas para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en Galicia no curso académico 2013-2014

Listen to this page using ReadSpeaker
2602 lecturas
Información e instrucións para a cumprimentación de solicitudes.
Orde da convocatoria: 
RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2013, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se establece a convocatoria do programa de bolsas destinadas aos cidadáns galegos residentes no exterior e aos seus descendentes para a prórroga da realización de estudos universitarios oficiais conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico en centros públicos de Galicia para o curso académico 2013/14.
Entidade convocadora: 
Secretaría Xeral da Emigración

Obxecto e finalidade da convocatoria:
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar a convocatoria pola que se rexerá a concesión de bolsas para a prórroga da realización de estudos presenciais universitarios, de carácter oficial, en centros públicos de Galicia para o curso académico 2013/14, a través do programa 1 da sección I da Resolución do 24 de xuño de 2011, da Secretaría Xeral da Emigración: bolsas para a realización de estudos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional conducentes á obtención do título de grao, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico.

2. As ditas bolsas teñen como finalidade axudar a sufragar parte dos gastos académicos derivados dos estudos (incluídas as taxas académicas correspondentes aos estudos elixidos), da estadía e da manutención.

Documentación
Xunto coa solicitude, segundo o modelo normalizado do anexo I, os solicitantes deberán achegar a seguinte documentación:

1. Copia do DNI, pasaporte ou documento acreditativo da identidade e nacionalidade do/a solicitante. A presentación da copia do DNI só será necesaria no caso de non autorizar a consulta dos datos de identidade no Sistema de verificación de datos de identidade.
2. Certificación de inscrición no Rexistro de Matrícula Consular acreditativo da residencia no estranxeiro da súa unidade económica familiar. No caso de non posuír a nacionalidade española, documentación oficial que acredite a residencia no estranxeiro.
3. Documentación xustificativa, expedida pola universidade correspondente de ter superados o 75 % dos créditos matriculados durante o curso 2012/13.
4. Declaracións (incluídas no anexo I):

•Declaración de non ter concedidas, para os mesmos estudos, outras axudas ou subvencións das distintas administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.
•Declaración de non estar incurso/a en prohibición para obter a condición de beneficiario/a de subvención.
•Declaración responsable de non ter débedas pendentes coa Administración tributaria estatal e autonómica, así como coa Seguridade Social.
•Declaración do compromiso de utilización da lingua galega en todas as actividades para as cales se solicita a axuda, se é o caso.


FORMULARIOS DE TRAMITACIÓN DAS SOLICITUDES: picar aquí para acceder á Sede Electrónica

Outra documentación para descargar: