Axudas económicas individuais a galegos e galegas residentes no exterior. Exercicio 2016

Listen to this page using ReadSpeaker
3717 lecturas
Información do programa e formularios de solicitude das axudas económicas individuais de carácter social dirixidas a emigrantes galegos e galegas residentes no estranxeiro que posúan a nacionalidade española e a determinados/as familiares, que se atopen en situación de necesidade económica. Estas axudas están destinadas a cubrir as necesidades básicas de subsistencia e atención sociosanitaria.
Resolución da convocatoria: 
Resolución do 30 de novembro de 2015, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2016 (DOG nº 237, do 14 de decembro).
Entidade: 
Secretaría Xeral da Emigración
Data de publicación: 
14.12.2015
Estado: 
Procedemento pechado

Persoas destinatarias:

  1. Emigrantes galegos e galegas, os seus fillos e as súas fillas, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galego/a de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia. A forma de acreditar a dita condición de galego/a sinálase no artigo 14 desta resolución
  2. Os netos e as netas de emigrantes galegos/as, maiores de 18 anos, que posúan a condición de galegos/as de acordo co que se establece no artigo 3º.2 do Estatuto de autonomía de Galicia e acrediten un ano de residencia continuada en Galicia
  3. No caso de falecemento das persoas indicadas nos puntos 1 e 2, poderán beneficiarse, por unha única vez, das axudas por situación de dependencia ou enfermidade grave, o/a seu/súa cónxuxe viúvo/a, os seus fillos e as súas fillas, a parella de feito ou relación análoga de afectividade, sempre e cando non transcorresen máis de quince meses dende o falecemento
  4. Os fillos, as fillas, os netos e as netas de persoas emigrantes galegas deberán ter a nacionalidade española, cando menos, cun ano de antigüidade á data de remate do prazo de presentación de solicitudes

Supostos de necesidade:

  • Situación de dependencia ou enfermidade grave da persoa solicitante
  • Situación de dependencia ou enfermidade moi grave no seo da unidade familiar
  • Invalidez ou enfermidade permanente da persoa solicitante
  • Cobertura de medicamentos e tratamentos de enfermidades crónicas o graves, cando teñan un custo elevado
  • Axudas para as mulleres que sufran violencia de xénero
  • Situación de desemprego na unidade familiar
  • Situación de precariedade na unidade familiar.

Lugar de presentación das solicitudes:

  • En Arxentina: Delegación da Xunta de Galicia en Bos Aires
  • En Uruguai: Delegación da Xunta de Galicia en Montevideo
  • En Brasil:
    -Peña Gallega da Casa de España de Río de Xaneiro
    -Sociedad Hispano Brasileña de Socorros Mútuos e Instrução en São Paulo
    -Sociedade de Socorros Mútuos e Beneficente Rosalía de Castro en Santos
  • En Cuba: Federación de Sociedades Gallegas na Habana
  • En Venezuela: Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas
  • Ou na Secretaría Xeral da Emigración (Basquiños, 2 - 15704 Santiago de Compostela) ou en calquera de los lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das Administracións públicas e do procedemento administrativo común

Contacto e información:

Secretaría Xeral da Emigración
Servizo de Programas Socio-Asistenciais
Teléfonos: 981 547 291- 981 545 880
Fax: 981 957055
Correo electrónico: accion.social.emigracion@xunta.es


FORMULARIOS DE SOLICITUDE: picar aquí para acceder á Sede Electrónica


Texto completo da convocatoria no DOG: picar aquí para descargar

Finalización do prazo de presentación de solicitudes: 
22.02.2016