Centros Galegos

  • Este pasado domingo 26 de xaneiro, dando continuidade a unha tradición que xa se remonta a varias edicións anteriores, o Centro Galego de Lleida (Casa de Galicia) celebrou “A Matanza do porco” no local que a entidade galega posúe no coñecido barrio de...
  • Anuario 2012 do Hogar Gallego para Ancianos de Bos Aires. Inclúe o editorial do presidente da entidade, os saúdas do presidente da Deputación da Coruña, o secretario xeral da Emigración, o Delegado da Xunta de Galicia en Bos Aires e o consul xeral de...
  • O venres 14 de febreiro, na sede da entidade galega na cidade canadense, o Centro Galego de Montreal celebra o Día de San Valentín cunha cea e música en vivo. Menú (30,00 $): -Entrantes varios -Sopa de cabaza -Espeto de gambas -Sorbete de limón...
  • O sábado 8 de febreiro a partir das 18,00 h., na Igrexa Ortodoxa Grega Agios Dimitros, a Asociación Cultural "As Xeitosiñas" e a Misión Católica de Lengua Española de Zürich organizan a Gran Festa do Entroido 2014. Amenización musical a cargo de "As...
  • O venres 14 de febreiro, a partir das 19,00 h., a Sociedad Española de La Chorrera organiza a Festa de San Valentín 2014. Menú: Entrante: escabeche vermello de berenxenas Pratos principais:  1. Polo cachatore acompañado con puré de patacas e camote,...
  • O sábado 1 de febreiro a partir das 20,00 h., na sede da entidade galega na cidade xermana, a Asociación Cultural Galega de Hamburgo celebra a Festa da empanada galega. Persoas non asociadas: 3 € Haberá música de gaita en directo e disco-baile
  • Dende o 4 xaneiro e ata o 1 de febreiro, o Lar Gallego participa, todos os sábados, na " Noche Hadas y Duendes en el Bosque Mágico" que organiza o Buín Zoo da capital chilena. A actividade, enmarcada nas xa tradicionais e estivais noites temáticas deste...
  • O xoves 30 de xaneiro a partir das 20,00 h., na súa sede do Parque Social e Polideportivo de Carrasco, o Centro Gallego de Montevideo celebra unha homenaxe a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao co gallo do 128º aniversario do nacemento do xenial galeguista...
  • Do mércores 29 de xaneiro ao domingo 2 de febreiro, na sede da entidade galega na capital venezolana, a Hermandad Gallega de Venezuela en Caracas organiza o Torneo de xadrez 2014. A inscrición abrirase o 29 de xaneiro
  • O martes 12 de febreiro ás 18,00 h., na sede da entidade na capital ilerdense, a vogalía da Muller do Centro Galego de Lleida organiza o obradoiro participativo "En femení", con dinámicas de grupo para reflexionar sobre os modelos femininos, e que...

Páxinas