-
O domingo 10 de febreiro ás 10,30 h. en primeira convocatoria e ás 11,00 h. en segunda, terá lugar, na sede da entidade, a Asemblea Xeral Ordinaria 2013 da Casa de Galicia en Guipúzcoa.
Orde do día:
I - Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior...
-
Con motivo do 90º aniversario da entidade, a Asociación Civil Hijos de Zas de Bos Aires organiza o concurso de fotografía "Vive en Nós".
Prazo de recepción das fotografías: ata o 1 de xullo de 2013
Temática: fotografías antigas referidas á emigración...
-
A Asociación Cultural Caballeros de Santiago foi laureada o pasado mes de decembro cun importante galardón que atestou a calidade e o compromiso que a entidade vén desenvolvendo nas súas actividades, o Prêmio Medalha de Ouro à Qualidade do Brasil.
Esa...
-
O sábado 19 de xaneiro ás 19,30 h., na Sala Ferrío da sede social da entidade, terá lugar a presentación do libro conmemorativo do 120 º aniversario do Centro Galego de Barcelona.
Ás 20,00 h., na mesma sala, terá lugar a inauguración da exposición Nós...
-
Do 4 ao 7 de xullo, na localidade biscaíña de Santurtzi, a Irmandade de Centros Galegos en Euskadi organiza o XXVIII Día de Galicia en Euskadi.
-
O sábado 16 de febreiro ás 21,00 h., no Hotel Tryp Apolo de Barcelona, a Agrupación Cultural Saudade de Barcelona organiza unha Cea de Entroido.
-
O xoves 17 de xaneiro ás 19,00 h., no Salón de Cent do consistorio da cidade condal, o Concello de Barcelona fará entrega da súa Medalla de ouro ao mérito cívico ao Centro Galego de Barcelona, con motivo do 120º aniversario da entidade galega.
-
O sábado 19 de xaneiro a partir das 20,00 h., o Centro Galego de Castelló O Aturuxo organiza, na súa sede social de "O Faiado" (Tetuan XIV), a Cea de San Antoni ("Santantoná"). Comezará co prendido da cacharela, e logo a cea con xamón, queixo, olleta da...
-
Con motivo do 63º aniversario do pasamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao, o sábado 12 de xaneiro ás 19,00 h. na praza que leva o nome do insigne galeguista, a Federación de Asociaciones Gallegas de la República Arxentina organiza unha homenaxe á...
-
O sábado 26 de xaneiro a partir das 22,00 h., na sede da entidade, o Centro Gallego de Mar del Plata organiza unha Gran Paella. Contará coas actuacións de Ariel Zamora, "El Ruiseñor de la Copla", e a musicalización de Sarín Caro.