Cultura, ocio e deporte

  • O domingo 17 de agosto ás 19,00 h., na sede da Casa de Espanha de Río de Xaneiro, presentarase Comédia na Casa-Stand up Comedy, co dúo Felipe Absalão (fundador do Sindicato da Comédia) e Gigante Léo (vencedor do Prêmio Multishow de Humor). Prezo: R$ 40,...
  • O Celta viviu o venres un entrañable encontro en Londres. Aproveitando a viaxe de regreso a Vigo, tras finalizar a xira británica, o equipo olívico organizou un acto de confraternación co FC Deportivo Galicia, club amateur fundado por emigrantes galegos e...
  • Do martes 16 ao sábado 27 de setembro, na sede da entidade galega, a Associação Cultural Hispano-Galega Caballeros de Santiago de Salvador de Bahía organiza, co apoio da Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia, un curso de Baile Galego....
  • O sábado 23 de agosto a partir das 16,30 h., na sede do Centro Lalín, Agolada e Silleda de Bos Aires, a Asociación Herbas de Prata organiza unha nova edición do obradoiro Cousas de Mulleres, desta volta para falar das Mulleres migrantes, hoxe.
  • O próximo 21 de agosto, o Centro Gallego de Río Gallegos cumpre 87 anos de vida e con este motivo a comisión directiva da institución está a xestionar unha serie de actividades que comezarán este venres. Para coñecer máis sobre as propostas, La Opinión...
  • O venres 29 de agosto de 14,00 a 17,00 h. a Sociedade de Socorros Mutuos e Beneficente Rosalía de Castro de Santos organiza unha reunión cos e coas residentes na entidade. Haberá aulas de gancho, xogos de baralla e dominó e vídeos con documentais de...
  • Do sábado 16 ao luns 18 de agosto, na Estación Belgrano de Santa Fe celébrase a XXI Festa de Colectividades, na que o Centro Gallego da capital santafesina contará cun stand cultural e gastronómico e o seu grupo de baile.
  • O domingo 10 de agosto a partir das 12,00 h., na sede da entidade galega, o Centro Gallego de Campana organiza unha Gran Paella, co auspicio da Secretaria de Cultura da Municipalidad de Campana. Prezo: $ 250 Consultas e reservas: -No tlf. 424740 -Ou...
  • O venres 8 de agosto ás 20,30 h. do serán, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, presentarase o llibro Boas Noites, Monforte, editado por Teófilo Edicións. Neste volume ofrécese un orixinal retrato da cidade a través dun percorrido fotográfico pola súa...
  • O xoves 14 de agosto ás 20,00 h., no Auditorio Valle Inclán do Centro Galicia de Bos Aires, a Comisión de Cultura organiza unha Xuntanza de Coros, con entrada de balde. Actuacións: Sociedade Galega de Arantei, Vilamarín e A Peroxa Instituto Darwinion...

Páxinas