Presentación do libro 'Boas Noites, Monforte'
O venres 8 de agosto ás 20,30 h. do serán, na Casa da Cultura de Monforte de Lemos, presentarase o llibro Boas Noites, Monforte, editado por Teófilo Edicións. Neste volume ofrécese un orixinal retrato da cidade a través dun percorrido fotográfico pola súa fisionomía nocturna a través de máis de cen instantáneas editadas en gran formato e asinadas polo fotógrafo Alberte Peiteavel.
Ao acto asistirán o alcalde da vila, Severino Rodríguez Díaz, e o conselleiro de Economía e Industria, o monfortino Francisco Conde, e no mesmo actuará a cantante Rosa Leiro acompañada polo pianista galego-arxentino Juan Carlos Cambas.

Evento:
Presentación
Data:
08.08.2014
Hora:
20,30
Lugar:
Casa da Cultura
Praza de España, 3
Monforte de Lemos - 27400 LugoEspaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





