-
O sábado 9 de marzo comezan, na sede da entidade, as clases de gaita e danza galega do Centro Galego da Comarca de Ordes en Bos Aires. Impartiranse todos os sábados nos seguintes horarios:
Clases de gaita nivel principiante: 15,00 h
Clases de gaita...
-
O domingo 24 de marzo a partir das 13,30 h., no Restaurante do Centro Gallego de Berna, celébrase a Festa da Primavera. Servirase un menú (o custo é de 30 CHF) con ensalada, carne asada, postre e café, e contará coa actuación do Dúo Nueva Época. As...
-
O vicepresidente da Xunta de Galicia e conselleiro da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, e mailo secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, comezan unha viaxe ás repúblicas de Arxentina e Uruguai, para...
-
O domingo 17 de marzo a partir das 13,30 h., no Parque de Can Oriol, a Irmandade Galega de Rubí celebrará a súa tradicional Matanza do Porco.
O prezo do xantar para socios e socias é de 8 € para as persoas adultas e de 3 € para as e os máis cativos (...
-
Na noite de véspera de San Xosé, o luns 18 de marzo, na sede social "O Faiado" do complexo do antigo cuartel Tetuán XIV, o Centro Galego de Castelló "O Aturuxo" organiza a Noite das Pepitas, unha cea-baile en homenaxe ás mulleres.
O custo é de 10 € para...
-
O venres 8 de marzo ás 18,30 h., na sede do Centro Betanzos de Bos Aires, a Asociación Herbas de Prata organiza un acto conmemorativo co gallo do Día Internacional da Muller, no que serán serán homenaxeadas pola sua labor as mulleres destacadas deste ano...
-
O sábado 9 de marzo ás 11,30 h., no Auditorio Ambrosio Morales do Espazo das Linguas Ibéricas - Universidad de Alcalá (Madrid), a escritora verinesa Elena Gallego Abad presenta a súa triloxía Dragal.
-
A Xunta de Galicia quere transmitir o seu respecto ao pobo venezolano tras o pasamento do presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez, e desexa que o período extraordinario que se abre naquel país frutifique nun futuro próspero para...
-
O venres 8 de marzo ás 17,30 h., na Southfields Gallery de Londres, o pintor galego Fernando Villalba inaugura a súa exposición na capital británica. Haberá viño e pinchos de balde e unha degustación de viño e queixo franceses a 3 £ a copa.
Máis info:...
-
O sábado 16 de marzo a partir das 20,00 h., na Sala Kuspo de Müenchenstein, a Sociedade Galega Sementeira de Basilea organiza o seu Gran Baile. O prezo das entradas é de 10 CHF para as persoas adultas e de balde para nenos e nenas. Haberá tapas variadas e...