Emigrantes

  • O venres 24 de maio a partir das 19,00 h., na sede da entidade, o Patronato da Cultura Galega de Montevideo organiza a Xornada cultural e recreativa dos Maios, festexando esta tradicional manifestación galega que rende homenaxe á natureza. O custo da...
  • Do venres 24 ao domingo 26 de maio, na Rambla do Ferrocarril da cidade do Vallès, a Irmandade Galega de Rubí organiza a tradicional Festa Galega e celebra o XXXII aniversario da súa fundación. Haberá venda de produtos galegos e o servizo de bar-...
  • O luns 20 maio ás 20,00 h., na sala Babylon da capital alemá, dentro do ciclo de actividades das Semanas da Cultura Galega que organizan o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin e o Instituto Cervantes de Berlín, proxectarase o documental 100%...
  • O domingo 19 de maio ás 13,00 h., na sede da entidade, a Asociación Hijos de Zas de Bos Aires organiza o Gran Pucheiro. O Xantar estará amenizado con actuacións musicais e o prezo é de 150 $.
  •   Saúdo cordialmente ao novo Presidente da Real Academia Galega, que recentemente ten tomado posesión do seu cargo; Tamén ás autoridades presentes. Saúdo de xeito especial á viúva e a toda familia de Roberto Vidal Bolaño; Miñas donas e meus señores. Os...
  • O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, empeza mañá venres, Día das Letras Galegas, unha nova viaxe oficial polas repúblicas de Uruguai e Arxentina, nas que aproveitará para coñecer novos enclaves da diáspora galega. Miranda aterrará...
  • O domingo 19 de maio a partir das 17,00 h., na sede da entidade galega na Gran Mazá, a Casa Galicia de Nova York celebra o Día das Letras Galegas, que homenaxea na edición deste ano ao dramaturgo compostelán Roberto Vidal Bolaño.
  • O sábado 25 de maio ás 18,00 h., nas instalacións de Iztapalapa, da comezo o Campamento Infantil organizado polo Centro Gallego de México para nenos e nenas de 4 a 14 anos de idade. Haberá xogos, cacharela, competicións, regalos e moita diversión...
  • O xoves 16 de maio ás 19,30 h., na Casa de Galicia en Madrid (Delegación da Xunta de Galicia en Madrid), celébrase o Día das Letras Galegas cunha conferencia que pronunciará a actriz Uxía Blanco sobre Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo galego a quen se...
  • O venres 17 de maio ás 18,30 h., na Biblioteca pública Sant Adrià de Sant Adrià del Besòs (Barcelona), celebrarase o Día das Letras Galegas cun recital poético musical en homenaxe a Roberto Vidal Bolaño, o dramaturgo compostelán a quen se dedica a...

Páxinas