Letras Galegas 2013 en Berlín: documental "100% Celso Emilio Ferreiro"
O luns 20 maio ás 20,00 h., na sala Babylon da capital alemá, dentro do ciclo de actividades das Semanas da Cultura Galega que organizan o Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin e o Instituto Cervantes de Berlín, proxectarase o documental 100% Celso Emilio Ferreiro.
- Coa presenza do director do filme, Aser Álvarez, durante a proxección
- Ao remate da película: cata de viño de D.O. Ribeiro con música e poesía
-
Prezo da entrada: 7€ (para o alumnado do Instituto Cervantes e do lectorado de galego da FU 4€)

Evento:
Proxección
Organiza:
Lectorado de Galego da Freie Universität Berlin & Instituto Cervantes de Berlín
Data:
20.05.2013
Hora:
20,00
Lugar:
Babylon
Rosa-Luxemburg-Straße 30
Berlín - 10178Berlin Alemaña
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





