Preguntas frecuentes - Seminarios 2013

O profesor ou profesora será designado pola Secretaría Xeral da Emigración, de conformidade co establecido na resolución na que se establece a convocatoria para inscribirse como formadores/as colaboradores/as para impartir seminarios fóra de Galicia ou, se é o caso, por solicitude motivada da entidade na cal propoña un/unha profesor/a para impartir o seminario, condicionada á realización de circuitos entre as distintas entidades que realicen os seminarios.

Os seminarios de baile, música e actividades artesanais teñen unha duración de 15 días intensivos e de 40 horas. O número de participantes non será inferior a 15 alumnos/as.

Os seminarios de cociña galega teñen unha duración dunha semana e de 20 horas. O número de participantes non será inferior a 20 alumnos/as.

As entidades faranse cargo dos gastos de estadía e manutención do/a profesor/a en lugar e condicións axeitadas, gastos de traslados do/a profesor/a dentro da cidade onde se vai realizar o seminario, da xestión e dotación das instalación axeitadas e subministración de material funxible necesario.

Entidades galegas que teñan recoñecida a galeguidade ou a súa condición de centro colaborador, inscritas no rexistro de Comunidades Galegas ou ben unha agrupación, federación ou unión destas entidades.

No caso de solicitar seminarios de baile, música ou actividades artesanais, as entidades deben ter grupo folclórico, escola de folclore da modalidade solicitada ou obradoiro con grupo de persoas que desenvolva actividades artesanais.

  • Xeralmente, a convocatoria do programa de seminarios publicase no DOG no primeiro trimestre de cada ano e na páxina web da Secretaría Xeral da Emigración.
  • As solicitudes poden presentarse na Secretaría Xeral da Emigración, ou en calquera dos lugares previstos no artigo 38º.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Tamén poden presentarse nas Delegacións da Xunta de Galicia en Bos Aires e Montevideo, nas oficinas consulares e nos consulados das embaixadas correspondentes ao domicilio do/a solicitante, ademáis da presentación a través do Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
  • O prazo de presentación das solicitudes, xeralmente, é un mes, contado a partir do día seguinte ao da data de publicación da resolución de convocatoria no DOG.