Política de privacidade da aplicación móbil GaliciaAberta
A información elaborada a partir da actividade desenvolvida pola Secretaría Xeral da Emigración, é obxecto de propiedade intelectual e goza da protección recoñecida polo Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual aprobado polo Real Decreto Lexislativo 1/1996 de 12 de abril.
A obtención e elaboración da devandita información por parte da Secretaría Xeral da Emigración lévanse a cabo coa maior fiabilidade que posibilita o nivel tecnolóxico actual, provendo devandito servizo segundo os medios dispoñibles en cada momento.
A información divulgada a través desta aplicación ofrécese gratuitamente á cidadanía para que poida ser utilizada libremente por ela, co único compromiso de mencionar expresamente á Secretaría Xeral da Emigración como fonte da mesma cada vez que as utilice para os usos distintos do particular e privado.
A Secretaría Xeral da Emigración declina toda responsabilidade sobre os danos e prexuízos que puidesen ser ocasionados pola interpretación e o uso da información posta a disposición da cidadanía a través da aplicación GaliciaAberta.
A Secretaría Xeral da Emigración non garante a presentación da totalidade da información de forma continua na web e resérvase o dereito a modificar, engadir ou eliminar a información contida nela.
Esta aplicación móbil non recolle datos persoais das persoas usuarias tales como datos identificativos ou de uso de dita aplicación que permitan identificar á persoa interesada.