Pequena biografía de don Ricardo Carvalho Calero: ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura

Ricardo Carvalho Calero (30 de outubro de 1910 / 25 de marzo de 1990)

A Secretaría Xeral da Emigración presenta, a través da Aula GaliciaAberta, a banda deseñada Pequena biografía de don Ricardo Carvalho Calero: ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura, que nos ensina a coñecer un chisquiño máis a figura do persoeiro a quen dedicamos o Día das Letras Galegas 2020.

O libro, ilustrado por Miguel Pérez Ramudo e editado Polo Correo do Vento, forma parte dun proxecto que ten coma obxectivo que a colectividade galega no estranxeiro poida coñecer a figura literaria pero tamén a historia persoal deste escritor que foi ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura.

Pequena biografía de don Ricardo Carvalho Calero: ensinante, estudoso e investigador da nosa cultura

Visionar en liña Descargar en PDF
Acceder Descargar