36ª Festa das Colectividades de Tandil coa participación do Centro Galego
A cidade de Tandil, na Arxentina, celebra o sábado 24 e domingo 25 de outubro a 36ª edición da súa Festa das Colectividades, un evento, organizado pola Unión de Colectividades, que reúne tradición, gastronomía e cultura.
Nesta gran celebración, que terá lugar no Centro Cultural Universitario e que comezará en ambas xornadas ás 16:00 horas, estará presente o Centro Galego de Tandil, achegando aos presentes as comidas e bebidas típicas da nosa terra. Ademais, dentro da programación, a entidade galega bailará o sábado e o domingo ás 18:15 y ás 20:50 horas.

Evento:
Festa
Organiza:
Centro Galego de Tandil
Data:
24.10.2026 a 25.10.2026
Hora:
16:00
Lugar:
Centro Cultural Universitario
Hipólito Yrigoyen 662
Tandil - B7000Buenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






