Festa galega do San Froilán 2026 en Nou Barris, Barcelona

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

21 lecturas

A Asociación Cultural Amigos de San Froilán volve organizar, do venres 2 ao domingo 4 de outubro, a súa particular festa galega do San Froilán en Nou Barris (Barcelona).

O evento, que achega a cultura galega á cidade condal, terá lugar na Plaça Major de Nou Barris e contará con actuacións de grupos musicais durante toda a fin de semana. Ademais, tamén se levarán a cabo un amplo conxunto de actividades.

Todas as actividades son gratuítas. Ademais, haberá servizo de bar e venda de produtos galegos.

O programa será o seguinte:

  • Venres 2:
    • 19:30 horas: Inicio da festa con Radio Tele Taxi.
    • 21:30 horas: Izada da bandeira galega, baile dos xigantes de Nou Barris, actuación da banda de gaitas da Asociación Cultural Rosalía de Castro de Cornellà e lectura do pregón.
    • 22:30 horas: Verbena a cargo da orquestra La Oca Band.
       
  • Sábado 3:
    • 10:30 horas: Xogos tradicionais e animación infantil.
    • 12:30 horas: Actuacións de entidades de cultura popular e tradicional.
    • 14:00 horas: Sesión vermú coa orquestra La Oca Band.
    • 18:00 horas: Banda Simfònica de Roquetes, dirixida por Daniel Navarro.
    • 19:00 horas: Actuacións de entidades de cultura popular e tradicional.
    • 20:00 horas: Orquestra La Oca Band.
    • 21:30 horas: Presentación da festa a cargo das autoridades asistentes.
    • 22:00 horas: Verbena coas orquestras Novo Tango e La Oca Band.
       
  • Domingo 4:
    • 12:00 horas: Misa na honra a San Froilán e posterior procesión, acompañada pola banda de gaitas Xuntanza de Catalunya, Sons de la Cossetània de Tarragona, Banda CCTT Virgen de la Misericordia de Reus e os xigantes de Nou Barris.
    • 14:00 horas: Sesión vermú coa orquestra Novo Tango.
    • 17:30 horas: Actuacións de entidades galegas: Xuntanza de Catalunya, ACG Agarimos de Badalona, Sons de la Cossetània de Tarragona e Banda CCTT Virgen de la Misericordia de Reus.
    • 19:30 horas: Verbena a cargo da orquestra Novo Tango.

Máis info: Web.

Festa galega do San Froilán 2026 en Nou Barris, Barcelona.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Asociación Cultural Amigos de San Froilán
Data: 
02.10.2026 a 04.10.2026
Hora: 
19:30
Lugar:
Plaça Major de Nou Barris
Nou Barris
Barcelona - 08042Barcelona
España
booked.net