116 aniversario da Sociedade Parroquial de Vedra en Bos Aires
A Sociedade Parroquial de Vedra, en Bos Aires, celebra o domingo 6 de setembro, a partir das 13:30 horas, un gran xantar para conmemorar o seu 116 aniversario.
Unha xornada de xuntanza e celebración, na que tamén se conmemorará a festa do Día das Dores, celebración típica do concello coruñés.
A xornada comezará coa procesión desde o centro, ás 11:30 horas, para continuar coa misa, ás 12:15 horas, continuar co xantar, a partir das 13:30 horas, e finalizar co concerto de Rocío del Cielo e a especial Queimada final.
O menú para este encontro estará composto de:
- Friames.
- Paella (ou lombo de porco).
- Bebidas, sobremesa e café.
Ademais da actuación da artista Rocío del Cielo, tamén animará o evento o conxunto de baile e música tradicional do Centro.
Reservas (ata o 3 de setembro): 4931-3448 | 11-3616-8875.
Entrada: Adultos - $55.000 | Menores de 10 anos - $28.000.







