Irmandade Galaico Andaluza organizada pola Casa de Galicia de El Puerto de Santa María
A Casa de Galicia de El Puerto de Santa María, en Cádiz, organiza, o venres 10 e o sábado 11 de abril, unha irmandade galaico andaluza.
O venres 10, ás 19:00 horas, na Praza do Banco, en Xerez, representarase o espectáculo folclórico Galicia y Jerez unen su arte.
Pola súa banda, o sábado 11, a partir das 13:00 horas, celebrarase na Praza da Artesanía de Guadalcacín, un encontro especial con mostras de baile flamenco, a cargo da Academia de baile de Guadalcacín, e de baile tradicional galego, pola asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria (Lugo).
Os organizadores animan a participar nestas dúas xornadas, para desfrutar de moita troula.
Máis info: Facebook.

Evento:
Reunión
Organiza:
Casa de Galicia de El Puerto de Santa María - Cádiz
Data:
10.04.2026 a 11.04.2026
Hora:
19:00
Lugar:
Praza da Artesanía
Guadalcacín
Xerez - 11591Cádiz España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






