Irmandade Galaico Andaluza organizada pola Casa de Galicia de El Puerto de Santa María

Listen to this page using ReadSpeaker
302 lecturas

A Casa de Galicia de El Puerto de Santa María, en Cádiz, organiza, o venres 10 e o sábado 11 de abril, unha irmandade galaico andaluza.

O venres 10, ás 19:00 horas, na Praza do Banco, en Xerez, representarase o espectáculo folclórico Galicia y Jerez unen su arte.

Pola súa banda, o sábado 11, a partir das 13:00 horas, celebrarase na Praza da Artesanía de Guadalcacín, un encontro especial con mostras de baile flamenco, a cargo da Academia de baile de Guadalcacín, e de baile tradicional galego, pola asociación cultural Meigas e Trasgos de Sarria (Lugo).

Os organizadores animan a participar nestas dúas xornadas, para desfrutar de moita troula.

Descargar cartel.

Máis info: Facebook.

Irmandade Galaico Andaluza organizada pola Casa de Galicia de El Puerto de Santa María.
Evento: 
Reunión
Organiza: 
Casa de Galicia de El Puerto de Santa María - Cádiz
Data: 
10.04.2026 a 11.04.2026
Hora: 
19:00
Lugar:
Praza da Artesanía
Guadalcacín
Xerez - 11591Cádiz
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
III Curso de Introdución á Lingua e Cultura Galegas da Universidade da Habana.
02.11.2026, 03.11.2026, 05.11.2026, 10.11.2026, 12.11.2026, 17.11.2026, 19.11.2026, 24.11.2026, 26.11.2026, 01.12.2026, 03.12.2026, 08.12.2026, 10.12.2026