Festa do pote 2026 no Centro Ourensán de Nova Jersey

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

54 lecturas

O Centro Ourensán de Nova Jersey celebra o sábado 18 de abril, na súa sede, unha nova edición da súa festa do pote.

Un evento con gastronomía, música e moita festa que comezará ás 6:00 PM. Ademais, tamén actuarán os grupos folclóricos do Centro.

Para esta ocasión especial, o menú constará de:

  • Cocido (con chourizos do centro) ou polo á francesa.
  • Chicken fingers e patacas fritas para os cativos.
  • Bebidas, roscón, froita e café.

As entradas son limitadas e as reservas están abertas ata o 12 de abril.

Prezo: Socios/as: $60 | Non socios/as: $80 | Adolescentes 13-17 anos: $35 | Menores de 12 anos: $10.

Máis info: Facebook.

Festa do pote 2026 no Centro Ourensán de Nova Jersey.
Evento: 
Festa
Organiza: 
Centro Ourensán de Nova Jersey
Data: 
18.04.2026
Hora: 
18:00
Lugar:
Centro Ourensán de Nova Jersey
148 Lafayette St.
Newark - 07105Nova Jersey
Estados Unidos
booked.net