Oficina itinerante en Lalín da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG-
O sábado 11 de abril, entre as 10:30 e as 13:30 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información na comarca do Deza, en Lalín.
O encontro, que terá lugar na sede da Asociación dos Venezolanos do Deza, servirá para aportar información sobre:
- Reactivación do pago de pensións ao exterior.
- Posible envío da pensión que se cobra en España.
- Convenio hispano-venezolano.
- Posibilidades de xubilación en España.
- Tipos de pensións en España.
- Temas de estranxeiría como os tipos de residencias ou a protección internacional.
- Elaboración de currículo e buscadores de emprego.
Para informar persoalmente aos asistentes estarán:
- Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
- Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
- Militza Prieto, avogada colaboradora Apejuveg.
- Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
- Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.
O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.
Máis info: Facebook.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data:
11.04.2026
Hora:
10:30
Lugar:
Asociación Venezolanos do Deza
Rúa Memorias dun Neno Labrego, 14, Primeiro
Lalín - 36500Pontevedra España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






