Oficina itinerante en Vigo da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG-

Listen to this page using ReadSpeaker
198 lecturas

O sábado 4 de abril, entre as 12:30 e as 15:30 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información en Vigo.

O encontro, que terá lugar na nova sede de Caracas Bakery, servirá para aportar información sobre:

  • Reactivación do pago de pensións ao exterior.
  • Posible envío da pensión que se cobra en España.
  • Convenio hispano-venezolano.
  • Posibilidades de xubilación en España.
  • Tipos de pensións en España.
  • Temas de estranxeiría como os tipos de residencias ou a protección internacional.

Para informar persoalmente aos asistentes estarán:

  • Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
  • Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
  • Militza Prieto, avogada colaboradora Apejuveg.
  • Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
  • Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.

O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.

Máis info: Facebook.

Oficina itinerante en Vigo da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG-.
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
04.04.2026
Hora: 
12:30
Lugar:
Caracas Bakery
Rúa Arquitecto Pérez Bellas, 1A
Vigo - 36211Pontevedra
España
booked.net