Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Melide

Listen to this page using ReadSpeaker
237 lecturas

O sábado 21 de marzo, entre as 16:00 e as 18:00 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información en Melide.

Será a súa segunda sesión do día, trala matinal en Santiago. Neste caso, terá lugar no establecemento Bocados 24 horas e aportarase información sobre:

  • Reactivación do pago de pensións ao exterior.
  • Pensión que se axusta ás circunstancias persoais de cada persoa.
  • Recomendacións de emprego e revisión de currículo.
  • Temas de estranxeiría como os tipos de residencias ou a protección internacional.

Para informar persoalmente estarán:

  • Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
  • Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
  • Militza Prieta, avogada colaboradora Apejuveg.
  • Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
  • Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.

O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.

Máis info: Facebook.

Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Melide.
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
21.03.2026
Hora: 
16:00
Lugar:
Bocados 24 horas
Rúa Cantón San Roque, 10, 15800 Melide, A Coruña
Melide - 15800A Coruña
España
booked.net