Celebración do Día Internacional da Muller na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria

Listen to this page using ReadSpeaker
157 lecturas

A Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria celebra o Día Internacional da Muller, o venres 6 de marzo ás 19:30 horas, coa cuarta edición do seu evento Mulleres de Aquí e de Acolá.

Nesta ocasión, a entidade homenaxeará a tres mulleres de tres tempos diferentes que deixaron o seu legado para a eternidade. As súas historias serán contadas polas relatoras Pilar Quintela e Mariluz Laforet.

Ademais, para completar esta cita especial, tamén actuará en directo a Coral da Casa de Galicia.

Entrada libre.

Máis info: Facebook.

Celebración do Día Internacional da Muller na Casa de Galicia de Las Palmas de Gran Canaria.
Evento: 
Homenaxe
Organiza: 
Casa de Galicia Las Palmas de Gran Canaria
Data: 
06.03.2026
Hora: 
19:30
Lugar:
Casa de Galicia Las Palmas
Salvador Cuyas, 8
Las Palmas de Gran Canaria - 35008Las Palmas
España
booked.net