Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Ourense

Listen to this page using ReadSpeaker
219 lecturas

O sábado 28 de febreiro, entre as 10:00 e as 13:30 horas, a Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia (APEJUVEG) terá unha oficina itinerante de información en Ourense.

A sesión terá lugar no Muzi Café & Brunch e contará coa presenza de:

  • Nanda Ruiz, presidenta de Apejuveg.
  • Mónica Janeiro, colaboradora de Apejuveg.
  • Militza Prieta, avogada colaboradora Apejuveg.
  • Regina Balebona, colaboradora Apejuveg.
  • Virginia Pareja, relacionista institucional Apejuveg.

Informarase persoalmente sobre:

  • Reactivación do pago de pensións ao exterior.
  • Convenio Hispano-Venezolano.
  • Posibilidades de xubilación en España.
  • Tipos de pensión en España.
  • Temas de estranxeiría como o asilo ou os tipos de residencias.
  • Así como elaboración de currículo e buscadores de emprego.

O servizo é gratuíto e atenderase por orde de chegada.

Máis info: Facebook.

Oficina itinerante da Asociación de Pensionistas e Xubilados de Venezuela en Galicia -APEJUVEG- en Ourense.
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Asociación de Pensionados y Jubilados de Venezuela en Galicia - APEJUVEG
Data: 
28.02.2026
Hora: 
10:00
Lugar:
Muzi Café and Brunch
Rúa Ervedelo, 9
Ourense - 32003Ourense
España
booked.net