Semana cultural 2026 do Centro Galego de Lleida
O Centro Galego de Lleida celebra a súa semana cultural 2026 do luns 2 ao domingo 8 de marzo. Sete días cunha intensa programación de actividades para o desfrute de todos e todas.
As actividades serán as seguintes:
- Luns 2, ás 19:00 horas: Exposición no local social de artesanía, Patchwork, punto de cruz, pulseiras e colares feitos durante o curso polos compoñentes da Vogalía da Muller, finalizando o acto cun ágape.
- Martes 3, ás 17:30 horas: Día dedicado aos nenos e ás nenas e tamén para os maiores con xogos de mesa. Haberá para finalizar chocolatada e coca doce.
- Mércores 4, ás 19:00 horas: Acto central coa conferencia a cargo de Rubén Ríos, actor, director de cine e activista cultural.
- Xoves 5, ás 19:00 horas: Demostración culinaria galega e catalá de diferentes pratos salgados e doces aberta aos socios e ás socias.
- Venres 6, ás 20:00 horas: Presentación do número 39 da Revista Xurdimento por Albert Guilanyà i Foix, presidente da Audiencia Provincial de Lleida. Haberá un aperitivo para finalizar.
- Domingo 8, ás 12:00 horas: Misa cantada polo coro Cengallei, Asemblea Xeral Ordinaria e vermú para tódolos asistentes.
- Domingo 8, ás 15:00 horas: Xantar de Irmandade, cunha posterior sesión de baile.
Entre os actos cabe destacar a conferencia de Rubén Ríos, xa que será unha homenaxe ás xeracións maiores, con imaxes inéditas do seu proxecto "Centar100s", valorando as raíces galegas.
Máis info: Facebook.

Evento:
Xornadas
Organiza:
Centro Galego de Lleida
Data:
02.03.2026 a 08.03.2026
Hora:
19:00
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Carrer Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
28.02.2026
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026






