Semana cultural 2026 do Centro Galego de Lleida

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

36 lecturas

O Centro Galego de Lleida celebra a súa semana cultural 2026 do luns 2 ao domingo 8 de marzo. Sete días cunha intensa programación de actividades para o desfrute de todos e todas.

As actividades serán as seguintes:

  • Luns 2, ás 19:00 horas: Exposición no local social de artesanía, Patchwork, punto de cruz, pulseiras e colares feitos durante o curso polos compoñentes da Vogalía da Muller, finalizando o acto cun ágape.
  • Martes 3, ás 17:30 horas: Día dedicado aos nenos e ás nenas e tamén para os maiores con xogos de mesa. Haberá para finalizar chocolatada e coca doce.
  • Mércores 4, ás 19:00 horas: Acto central coa conferencia a cargo de Rubén Ríos, actor, director de cine e activista cultural.
  • Xoves 5, ás 19:00 horas: Demostración culinaria galega e catalá de diferentes pratos salgados e doces aberta aos socios e ás socias.
  • Venres 6, ás 20:00 horas: Presentación do número 39 da Revista Xurdimento por Albert Guilanyà i Foix, presidente da Audiencia Provincial de Lleida. Haberá un aperitivo para finalizar.
  • Domingo 8, ás 12:00 horas: Misa cantada polo coro Cengallei, Asemblea Xeral Ordinaria e vermú para tódolos asistentes.
  • Domingo 8, ás 15:00 horas: Xantar de Irmandade, cunha posterior sesión de baile.

Entre os actos cabe destacar a conferencia de Rubén Ríos, xa que será unha homenaxe ás xeracións maiores, con imaxes inéditas do seu proxecto "Centar100s", valorando as raíces galegas.

Máis info: Facebook

Semana cultural 2026 do Centro Galego de Lleida.
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Centro Galego de Lleida
Data: 
02.03.2026 a 08.03.2026
Hora: 
19:00
Lugar:
Centro Galego de Lleida
Carrer Joc de la Bola, 20
Lleida - 25003Lleida
España
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
Colonia de verán no Centro Galego de Montevideo.
15.12.2025, 16.12.2025, 17.12.2025, 18.12.2025, 19.12.2025, 22.12.2025, 23.12.2025, 24.12.2025, 25.12.2025, 26.12.2025, 29.12.2025, 30.12.2025, 31.12.2025, 01.01.2026, 02.01.2026, 05.01.2026, 06.01.2026, 07.01.2026, 08.01.2026, 09.01.2026, 12.01.2026, 13.01.2026, 14.01.2026, 15.01.2026, 16.01.2026, 19.01.2026, 20.01.2026, 21.01.2026, 22.01.2026, 23.01.2026, 26.01.2026, 27.01.2026, 28.01.2026, 29.01.2026, 30.01.2026, 02.02.2026, 03.02.2026, 04.02.2026, 05.02.2026, 06.02.2026, 09.02.2026, 10.02.2026, 11.02.2026, 12.02.2026, 13.02.2026, 16.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 19.02.2026, 20.02.2026, 23.02.2026, 24.02.2026, 25.02.2026, 26.02.2026, 27.02.2026
XII Festival Cultural Convergências Portugal-Galicia no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho.
10.02.2026, 17.02.2026, 18.02.2026, 21.02.2026, 22.02.2026, 24.02.2026, 27.02.2026, 28.02.2026, 01.03.2026, 06.03.2026, 07.03.2026, 13.03.2026, 14.03.2026, 15.03.2026