Entroido na Irmandade Galega de Venezuela A.C.

Listen to this page using ReadSpeaker
166 lecturas

A Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas, celebra o Entroido do sábado 14 ao martes 17 de febreiro. Tres xornadas con moitas actividades para adultos e cativos.

Do sábado 14 ao luns 16 de febreiro, haberá:

  • Área da piscina: atraccións e animadores das 12:00 PM ás 4:30 PM e música ata as 6:00 PM.
  • Cine ás 5:00 PM no Teatro Rosalía de Castro.

O martes 17 de febreiro:

  • Área da piscina: música, atraccións e animadores ata as 3:00 PM.
  • Celebración do Entroido a partir das 3:00 PM.

Ademais, haberá cotillón para todos os cativos disfrazados, así como concurso de disfraces individual, parellas e comparsa con premio metálico ao mellor disfrace. Haberá as seguintes categorías: 0-2 anos, 2-7 anos, 8-12 anos e 13-17 anos.

Descargar cartel.

Máis info: Facebook | Instagram | Web.

Entroido na Irmandade Galega de Venezuela A.C.
Evento: 
Entroido
Organiza: 
Irmandade Galega de Venezuela A.C.
Data: 
14.02.2026 a 17.02.2026
Hora: 
12:00
Lugar:
Irmandade Galega de Venezuela
Avenida Augusto César Sandino, Esquina con Avenida Andrés Bello
Maripérez, Caracas - 1050-ADistrito Capital
Venezuela
booked.net