Entroido na Irmandade Galega de Venezuela A.C.
A Irmandade Galega de Venezuela, en Caracas, celebra o Entroido do sábado 14 ao martes 17 de febreiro. Tres xornadas con moitas actividades para adultos e cativos.
Do sábado 14 ao luns 16 de febreiro, haberá:
- Área da piscina: atraccións e animadores das 12:00 PM ás 4:30 PM e música ata as 6:00 PM.
- Cine ás 5:00 PM no Teatro Rosalía de Castro.
O martes 17 de febreiro:
- Área da piscina: música, atraccións e animadores ata as 3:00 PM.
- Celebración do Entroido a partir das 3:00 PM.
Ademais, haberá cotillón para todos os cativos disfrazados, así como concurso de disfraces individual, parellas e comparsa con premio metálico ao mellor disfrace. Haberá as seguintes categorías: 0-2 anos, 2-7 anos, 8-12 anos e 13-17 anos.

Evento:
Entroido
Organiza:
Irmandade Galega de Venezuela A.C.
Data:
14.02.2026 a 17.02.2026
Hora:
12:00
Lugar:
Irmandade Galega de Venezuela
Avenida Augusto César Sandino, Esquina con Avenida Andrés Bello
Maripérez, Caracas - 1050-ADistrito Capital Venezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






