Club de lectura feminista da Asociación de Mulleres Españolas en Suíza
A Asociación de Mulleres Españolas en Suíza (AMES) programa para o sábado 28 de marzo, a partir das 10:00 horas, unha nova sesión do seu club de lectura feminista.
Para esta ocasión, lerase a obra Nada se opone a la noche, de Delphine de Vigan, unha novela íntima e poderosa que indaga na memoria familiar, o silencio, a enfermidade mental e a escritura como forma de comprender (e sobrevivir).
A cita terá lugar no Punto de Encontro de Zurich.
Máis info: Instagram.

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Asociación de Mujeres Españolas en Suiza (AMES)
Data:
28.03.2026
Hora:
10:00
Lugar:
Punto de Encontro (Promoción Cultural Española)
Josefstrasse 102
Zurich - 8005Zurich Suíza
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






