Encontro folk "Miña Ruliña" no Centro Galego de Salamanca

Listen to this page using ReadSpeaker
166 lecturas

O Centro Galego de Salamanca organiza o primeiro encontro "Miña Ruliña" do curso o sábado 13 de decembro. Será na súa sede, a partir das 13:00 horas.

Nesta cita trimestral, á que están convidados tanto os socios do Centro como o público xeral, os asistentes desfrutarán de música folk á hora do vermú. 

O programa será o seguinte:

  • 13:00 horas - Concerto folk a cargo do dúo valisoletano 22 Cuerdas.
  • 14:00 horas - Vermú Folk Session.
  • 15:00 horas - Visita do Apalpador.

Haberá degustación de callos con garavanzos a 3€ a ración.

Compra de entradas: Do 1 ao 8 de decembro na secretaría do Centro.

Máis info: Facebook | Instagram | Web.

Encontro folk "Miña Ruliña" no Centro Galego de Salamanca
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Centro Galego de Salamanca
Data: 
13.12.2025
Hora: 
13:00
Lugar:
Centro Galego de Salamanca
Rúa Arriba, 6
Salamanca - 37002Salamanca
España
booked.net