Concerto de Fernando Barroso e Miguel Veras na Casa de Galicia en Gipuzkoa
A Casa de Galicia en Gipuzkoa organiza o sábado 4 de outubro, a partir das 18:00 horas, un concerto de Fernando Barroso e Miguel Veras.
O músico, produtor e compositor galego, referente no mundo folk, estará acompañado do guitarrista portugués, presentando unha proposta baseada na música de raíz de Galicia e Portugal.
Entrada de balde.

Evento:
Concerto
Organiza:
Casa de Galicia en Gipuzkoa
Data:
04.10.2025
Hora:
18:00
Lugar:
Casa de Galicia
Zabaleta Kalea, 28
Donostia - 20002Gipuzkoa España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






