24º Festival Folclórico "Alicantino de Adopción" coa presenza do Centro Galego de Alicante

Listen to this page using ReadSpeaker
170 lecturas

O Centro Galego de Alicante participará, un ano máis, no Festival Folclórico "Alicantino de Adopción", evento organizado pola Federación de Casas Rexionais de Alicante que cumpre xa a súa 24ª edición.

O evento, que comezará ás 9:00 horas, terá como actos principais a proclamación do título de "Alicantino de Adopción 2025", a Ángel Urbina, ás 10:00 horas; o desfile das casas, ás 11:45 horas; e o festival folclórico, a partir das 12:15 horas, no auditorio da Concha.

O Centro Galego de Alicante participará co seu grupo de gaitas "Os Castros".

Cartel informativo: Descargar

Máis info: Facebook | Instagram.

24º Festival Folclórico "Alicantino de Adopción" coa presenza do Centro Galego de Alicante
Evento: 
Festa
Organiza: 
Federación de Casas Rexionais de Alicante
Data: 
05.10.2025
Hora: 
9:00
Lugar:
Auditorio la Concha
Passeig Esplanada d'Espanya
Alicante - 03001Alicante-Alacant
España
booked.net