Coloquio da directora de cine Carla Simón en colaboración coa Comunidade Galega de Catalunya

Listen to this page using ReadSpeaker
205 lecturas

A directora de cine Carla Simón, xunto co equipo de actores de "Romería", farán un coloquio nos Cines Filmax de Gran Vía, en Barcelona, en colaboración coa Comunidade Galega de Catalunya o sábado 6 de setembro ás 19:45 horas.

A directora presentará a súa película, que se estrea este venres 5 de setembro nos cines, na que relata as súas vivencias nunha viaxe a Vigo para coñecer á familia do seu pai e entender o pasado familiar. Trátase da obra coa que pecha a súa triloxía de películas persoais.

Este evento enmárcase dentro do proxecto "Unha Xeración - Dous Mundos", da Comunidade Galega de Catalunya.

Poden reservarse entradas a través de Xuntanza de Catalunya: xuntanzacatalunya@gmail.com

Máis info: Facebook.

Coloquio da directora de cine Carla Simón en colaboración coa Comunidade Galega de Catalunya
Evento: 
Conferencia/Charla
Organiza: 
Xuntanza de Catalunya
Data: 
06.09.2025
Hora: 
19:45
Lugar:
Cines Filmax Gran Vía
Avinguda de la Granvia de l’Hospitalet, 75
L'Hospitalet de Llobregat - 08908Barcelona
España
booked.net