75 aniversario da audición radial "Sempre en Galicia" do Padroado da Cultura Galega de Montevideo

Listen to this page using ReadSpeaker
271 lecturas

O Padroado da Cultura Galega de Montevideo, en Uruguai, celebra o 75 aniversario da súa audición radial "Sempre en Galicia" con un gran espectáculo no Auditorio Vaz Ferreira o venres 5 de setembro, a partir das 19:00 horas.

Actuarán nesta gran cita:

  • Cristina Fernández e Washington Carrasco, dúo referente da música popular uruguaia.
  • E Lucía Pérez, artista galega cuxo concerto se enmarca dentro da súa xira "Tanto”.

Ademais, tamén participará na xornada o grupo de percusión e danza do Padroado.

Entrada gratuíta.

Reservas: 29080673 | 098839824.

Máis info: Facebook | Instagram.

75 aniversario da audición radial "Sempre en Galicia" do Padroado da Cultura Galega de Montevideo
Evento: 
Concerto
Organiza: 
Patronato da Cultura Galega
Data: 
05.09.2025
Hora: 
19:00
Lugar:
Auditorio Vaz Ferreira
Av. 18 de Julio 1790
Montevideo - 11200Montevideo
Uruguai
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: