26ª Festa de Colectividades en Avellaneda coa presenza da Asociación Fillos do Porto do Son

Listen to this page using ReadSpeaker
272 lecturas

A Asociación Civil Fillos do Porto do Son de Avellaneda, en Arxentina, participará o sábado 23 de agosto na 26ª Festa de Colectividades de Avellaneda, unha cita que contará coa participación de entidades de máis de 20 países.

O evento, que se celebrará no Parque da Estación, empezará ás 11:00 horas e continuará ata as 20:00 horas e contará con:

  • Postos gastronómicos e culturais.
  • Desfile con traxes típicos.
  • Espectáculos artísticos.

A nivel gastronómico, a asociación galega presentará produtos nacionais como: paella, empanadas, tortillas ou churros. 

Entrada libre e gratuíta.

Máis info: Facebook | Instagram.

26ª Festa de Colectividades en Avellaneda coa presenza da Asociación Fillos do Porto do Son
Evento: 
Festa
Organiza: 
Asociación Civil Galega Fillos do Porto do Son
Data: 
23.08.2025
Hora: 
11:00
Lugar:
Parque da Estación
Gral. Güemes 700
Avellaneda - B1870Buenos Aires
Arxentina
booked.net
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta: