Cantareiras "A poesía popular"
Cantareiras (2025)
O 5 de xullo do ano 2024 a Real Academia Galega reuníase en pleno para votar a candidatura homenaxeada no Día das Letras Galegas. Finalmente a opción elixida para o ano 2025 foi: as cantareiras e a poesía popular oral, representadas por Adolfina e Rosa Casás, Eva Castiñeira, Prudencia e Asunción Garrido e Manuela Lema.
Esta homenaxe buscaba poñer en valor o labor dunhas mulleres que foron as gardiás da nosa lingua e cultura popular, transmitida por medio de cantigas e bailes. Porque non hai un pobo máis vivo que un pobo que CANTE o que lle acontece.
A RAG tamén quería premiar o labor de recollida, que consistía en ir polas vilas e aldeas do país a escoitar as pezas das cantareiras e pandeireteiras para logo poder rexistralas e que non se perdesen na memoria.
“Foron creadoras e transmisoras de arte e beleza malia a vida difícil que lles tocou vivir”.
| Visionar en liña | Descargar en PDF |
| Acceder | Descargar |