Feira de Emprego da Xunta de Galicia en Bos Aires
A Xunta de Galicia organiza unha Feira de Emprego en Bos Aires o xoves 6 e venres 7 de marzo para fomentar o retorno de emigrantes a Galicia.
Haberá unha lista cos postos ofertados, entrevistas na propia feira e mesmo se poderán firmar contratos no mesmo día. Ademais tamén se poderá:
- Coñecer os programas de retorno da Xunta.
- Tomar contacto co tecido empresarial galego que busca profesionais.
- Acceder ás oportunidades ofertadas polo mercado laboral galego.
- Formar parte da selección dos 200 postos de traballo ofertados polo programa Retorna Cualifica Emprego.
Onde?: Club Español (Bernardo de Irigoyen 172).
Horario de atención: Das 10:00 ás 13:30 horas e das 15:30 ás 20:00 horas.
Inscricións para a feira: Xunta de Galicia.
Máis info: Facebook.

Evento:
Feira
Organiza:
Xunta de Galicia
Data:
06.03.2025 a 07.03.2025
Hora:
10:00
Lugar:
Club Español
Bernardo de Irigoyen 172
Cidade Autónoma de Bos Aires - C1072AADBuenos Aires Arxentina
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:






