Galicia Aberta achega a nosa lingua aos galegos do exterior con máis de 35.000 visualizacións do Curso de Galego Online

Galicia Aberta achega a nosa lingua aos galegos do exterior con máis de 35.000 visualizacións do Curso de Galego Online
Galicia Aberta achega a nosa lingua aos galegos do exterior con máis de 35.000 visualizacións do Curso de Galego Online
Listen to this page using ReadSpeaker
Santiago de Compostela (A Coruña), 18 de setembro de 2024.

A Secretaría Xeral da Emigración da Xunta de Galicia continúa promovendo con éxito o uso do galego entre as comunidades galegas no exterior a través do seu curso en liña de lingua e cultura galegas, que este ano acadou novamente unha alta participación e interese entre a diáspora galega en todo o mundo.

O curso, que se desenvolveu a través da plataforma Aula GaliciaAberta, contou coa participación de destacadas personalidades da cultura galega, como Yolanda Castaño e Rubén Riós, entre outros. As sesións alcanzaron un total de 35.000 visualizacións nas diferentes plataformas. Estes datos reflicten o interese crecente por preservar e promover a lingua e a cultura galegas entre as comunidades no exterior.

O curso foi deseñado para ofrecer unha oportunidade de aprendizaxe e enriquecemento cultural, facilitando o acceso a recursos educativos de calidade e sen custo para todas as persoas interesadas, independentemente do seu nivel de coñecemento previo.

Con iniciativas coma esta, a Secretaría Xeral da Emigración reafirma o seu compromiso coa difusión da cultura e a lingua galegas, asegurando que as novas xeracións de galegos e galegas, mesmo lonxe da súa terra, manteñan vivas as súas raíces culturais.

Máis info:

558 lecturas