De Valdeorras a México. Terra a Nosa! (Pequena biografía de FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN)
Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 - Fair Oaks, California, 1987)
A Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galegas 2022 a Florencio Delgado Gurriarán (Córgomo, Vilamartín de Valdeorras, 1903 – Fair Oaks, California, 1987), cuxo labor literario e activismo político e cultural constitúen un dos capítulos máis destacados das letras galegas da diáspora.
A RAG non só celebra o excelente poeta que foi, cultivador dun galego enxebre, característico das terras de Valdeorras.
A través da súa figura tamén homenaxeará, por primeira vez, a Galicia do exilio republicano en México, país onde o propio Delgado Gurriarán e outros colegas desenvolveron iniciativas sobranceiras que mantiveron vivo o facho da nosa identidade e que constitúen un referente obrigado da nosa historia contemporánea.
No ano 2022 é homenaxeado no Día das Letras Galegas.
Visionar en liña | Descargar en PDF |
Acceder | Descargar |