Festa cultural do Polbo 2018 do Centro Cultural 'Airiños da Nosa Galicia' de Santa Coloma de Gramenet
Do venres 19 ao domingo 21 de outubro, no Parc d´Europa desta localidade barcelonesa, o Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet organiza a súa VIª Festa cultural do Polbo, unha festa tradicional galega onde concorren a gastronomía, a cultura e a diversión. Contarase con actuacións de grupos galegos e doutras comunidades; haberá música, danza, castellers, grallers, pasarrúas, puntarires, mercado de produtos da terra etc., atraccións para grandes e pequenos/as e música en vivo e en directo para bailar e escoitar.
Programa: picar aquí para acceder
Máis info: www.airinosdanosagalicia.org | Facebook | Twitter | Instagram

Evento:
Romaría
Organiza:
Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia"
Data:
19.10.2018 a 21.10.2018
Lugar:
Parc d´Europa
Av. de Francesc Macià
Santa Coloma de Gramenet - 08924Barcelona España
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





