Festa cultural do Polbo 2018 do Centro Cultural 'Airiños da Nosa Galicia' de Santa Coloma de Gramenet

Listen to this page using ReadSpeaker

Avísame

62 lecturas

Do venres 19 ao domingo 21 de outubro, no Parc d´Europa desta localidade barcelonesa, o Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia" de Santa Coloma de Gramenet organiza a súa VIª Festa cultural do Polbo, unha festa tradicional galega onde concorren a gastronomía, a cultura e a diversión. Contarase con actuacións de grupos galegos e doutras comunidades; haberá música, danza, castellers, grallers, pasarrúas, puntarires, mercado de produtos da terra etc., atraccións para grandes e pequenos/as e música en vivo e en directo para bailar e escoitar.

Programa: picar aquí para acceder

Máis info: www.airinosdanosagalicia.org | FacebookTwitter | Instagram

Festa cultural do Polbo 2018 do Centro Cultural 'Airiños da Nosa Galicia' de Santa Coloma de Gramenet
Evento: 
Romaría
Organiza: 
Centro Cultural e Social "Airiños da Nosa Galicia"
Data: 
19.10.2018 a 21.10.2018
Lugar:
Parc d´Europa
Av. de Francesc Macià
Santa Coloma de Gramenet - 08924Barcelona
España
  • O TEMPO EN:Badalona
    Hoxe
    20°
    Parcialmente anubrado
    Mañá
    21°
    Chuvia lixeira intermitente