Listados provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa “Reencontros na Terra”. Ano 2018
Publicación das listaxes provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas do programa "Reencontros na Terra" 2018 (Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG nº 57 do 21.03.2018).
De acordo co disposto no artigo 9.5 publícanse as listas provisionais das solicitudes admitidas, excluídas e requiridas, correspondentes a Brasil, Cuba Uruguai e Venezuela.
As persoas interesadas disporán dun prazo de dez días hábiles desde a publicación na páxina web https://emigracion.xunta.gal (o prazo remata o 20/07/2018) para formularen as alegacións que consideren oportunas e para emendar a solicitude. Transcorrido este prazo sen que se emenden as causas de exclusión, consideraranse desistidas da súa petición que se arquivará nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 01 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
| País | Listado | Data publicación | Data fin emenda |
|---|---|---|---|
| Arxentina | Descargar | 10 xullo 2018 | 24 xullo 2018 |
| Brasil | Descargar | 6 xullo 2018 | 20 xullo 2018 |
| Cuba | Descargar | 6 xullo 2018 | 20 xullo 2018 |
| Uruguai | Descargar | 6 xullo 2018 | 20 xullo 2018 |
| Venezuela | Descargar | 6 xullo 2018 | 20 xullo 2018 |
Para formularen alegacións ou achegaren documentación complementaria co fin de emendar a solicitude:
- No caso de Brasil, Cuba e Venezuela débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Uruguai débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
- No caso de Arxentina débese empregar este modelo (picar aquí para descargar en word) (picar aquí para descargar en pdf)
Notas:
- Con posterioridade publicaranse os listados definitivos das solicitudes admitidas e excluídas e logo os das persoas seleccionadas e as reservas.



