Listaxes de persoas seleccionadas e reservas do programa "Reencontros na Terra" 2018
Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, publicada no DOG núm. 57, do 21 de marzo.
De acordo co disposto no artigo 9.5 da orde da convocatoria publícase a relación de persoas seleccionadas e reservas. A selección foi realizada segundo o establecido no artigo 10 “Criterios de selección”.
País | Prazas adxudicadas | Listado |
---|---|---|
Arxentina | 71 | Descargar |
Brasil | 9 | Descargar |
Cuba | 4 | Descargar |
Uruguai | 27 | Descargar |
Venezuela | 23 | Descargar |
Segundo a Resolución da convocatoria a duración do programa será dende o día 3 ao 16 de outubro de 2018. As datas de retorno solicitadas polas persoas participantes só poderán ser modificadas pola Secretaría Xeral da Emigración, previa solicitude da persoa interesada dentro dos tres días dende a publicación na páxina web das listaxes de persoas seleccionadas. Só se concederán cambios de retorno por causas debidamente xustificadas.