Sesión sobre desprazamentos e tributación para emigrantes españois/las nos Estados Unidos, en Miami
O xoves 8 de febreiro ás 18:30 h, no JW Marriot Miami, celebrarase unha xornada informativa gratuíta na que se tratarán aspectos relevantes nos investimentos e desprazamentos con implicacións nos EE. UU. e España.
- A duración da sesión será dunha hora (aprox.), seguida dun cóctel para os/as asistentes
Temas a tratar:
- Panorama xeral de tributación de Patrimonios con bens en ámbolos dous países. Detallando os investimentos de carácter inmobiliario e as súas consecuencias
- Novas obrigacións de intercambio de información con relevancia fiscal. (Foreign Account Tax Compliance Act – FATCA) conxuntamente coa Declaración Informativa. Declaración sobre bens e dereitos situados no estranxeiro e outros instrumentos de cooperación entre ámbalas dúas administracións tributarias
- Xestións Censais e de Rexistro a considerar
- Custo de “EXIT TAX” a considerar para 2018
- Fiscalidade dos desprazamentos laborais entre ámbolos dous países á luz da normativa para 2018.
- Relevancia dos tipos de visados e permisos migratorios desde o punto de vista fiscal, laboral e de Seguridade Social
- Especialidades a ter en conta para Sucesións e Doazóns con compoñente internacional
- Estudo conxunto dun suposto global con implicacións multiárea/multipaís/multiperiodo
- Novidades actuais e previsibles para 2018 España / EE.UU.
Inscricións: conchacarr@yahoo.es
Máis info: no Facebook

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
V2C Abogados
Mendonca & Partners
Data:
08.02.2018
Hora:
18:30
Lugar:
JW Marriot Miami
1109 Brickell Avenue
Miami - 33131Florida Estados Unidos
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:
10.04.2026 a 11.04.2026





