O secretario xeral da Emigración asiste á homenaxe a Luis López Salgado “Pitis”

A Asociación de Xornalistas de Galicia promoveu a celebración deste recoñecemento público ao xornalista de 'La Región Internacional', co gallo do seu recente pasamento. 

No acto interviron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez.

  • No acto interviñeron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez
    No acto interviñeron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez
  • No acto interviñeron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez
    No acto interviñeron tamén, entre outros, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o alcalde de Ourense, Xesús Vázquez
Listen to this page using ReadSpeaker
Ourense, 14 de outubro de 2017.

Hoxe celebrouse en Ourense un acto público de homenaxe ao xornalista desta cidade, Luis López Salgado “Pitis”, coa participación do alcalde Xesús Vázquez, o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices, e o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, profesionais da comunicación, familiares, amizades da cidade das Burgas e veciñas e veciños do barrio ourensán da Ponte.

A celebración deste recoñecemento público ao xornalista de La Región Internacional -proxecto do que foi destacado alicercefoi promovido pola Asociación de Xornalistas de Galicia co gallo do seu reciente pasamento, pola sua personalidade apreciada entre todas e todos os colegas de profesión de Ourense e de toda Galicia. A súa traxectoria profesional como xornalista, como promotor e mesmo como vendedor de ideas e de espazos en La Región Internacional acredítano suficientemente como merecedor desta homenaxe por parte da ciudade de Ourense.

O acto consistiu na colocación dun pequeno monolito na base dunha árbore prantada no parque Ribeiriño, preto do lugar onde se ubica a súa casa natal e lugar de convivencia  habitual nos anos mozos de "Pitis", e nel interviñeron ademais de Santalices e Miranda, o presidente de la AXG, Arturo Maneiro; o xornalista Lalo Pavón, quen fixo referencia á traxectoria profesional de "Pitis"; de seguido un fillo do xornalista pronunciou unhas palabras de agradecemento; e pechouse o acto coa intervención do alcalde da cidade, Xesús Vázquez Abad.

Persoeiro do xornalismo do eido da diáspora
Alicerce de La Región Internacional, proxecto xornalístico pioneiro -o primeiro xornal español dedicado á emigración- que botou a andar da súa man en 1966, Luis López Salgado percorreu moitas veces, como director xerente deste medio de comunicación, todos os recunchos de América e Europa onde unha ou un emigrante decidira asentarse para escoitalo e contar a súa historia. A emigración débelle, xa que logo, conseguir ter voz en anos onde non era doado facerse ouvir.

973 lecturas