Charla informativa para maiores de 65 anos, da Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Caracas
O xoves 24 de agosto a partir das 17:00 h, no Teatro Rosalía de Castro da sede da Hermandad Gallega de Venezuela, a Consellaría de Emprego e Seguridade Social da Embaixada de España en Caracas ofrecerá unha charla informativa sobre as axudas e prestacións sociais do Ministerio de Emprego e Seguridade Social do Goberno de España.
Información xeral sobre:
- Prestacións por razón de necesidade
-A prestación económica por ancianidade
-A prestación económica por incapacidade absoluta para todo tipo de traballo
-A asistencia sanitaria (afiliación á Fundación España Salud - FES e cobertura - Axudas asistenciais extraordinarias (Programa 2)
- Pensións contributivas
- Ao finalizar a charla abrirase unha quenda de preguntas para solucionar dúbidas que puideran xurdir
Transmisión en vivo: a través do Facebook e Periscope da Hermandad
Máis info: no facebook, Twitter e Instragram

Evento:
Conferencia/Charla
Organiza:
Hermandad Gallega de Venezuela
Embajada de España en Caracas
Data:
24.08.2017
Hora:
17:00
Lugar:
Hermandad Gallega de Venezuela - Teatro Rosalía de Castro
Avenida Principal Maripérez con Andrés Bello
Caracas - 1050-AVenezuela
Máis eventos na Axenda de GaliciaAberta:





