Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, na Coruña

Listen to this page using ReadSpeaker
515 lecturas

O xoves 28 e o venres 29 de setembro, no Centro de Atención e Información de la Seguridad Social (CAISS) Nº 1 da Coruña, terán lugar unhas xornadas informativas con técnicos/as especialistas en Seguridade Social de España (INSS), Alemaña (Deutsche Rentenversicherung) e Suíza (Schweizerische Ausgleichskasse) para aclarar dúbidas a aquelas persoas que están ou estiveron traballando nestes países.

  • Os/as especialistas asesorarán gratuitamente a aqueles/as interesados/as que pidan cita previa, aínda que en ocasións tamén se atenden consultas sen cita
  • Informarase sobre pensións de xubilación ou invalidez, dereitos a prestacións legais amparadas polos regulamentos comunitarios, etc.
  • Os/as interesados/as deben levar os documentos do seguro e o carné de identidade ou pasaporte

Horarios:

  • Xoves 28: de 9:00 a 14:00 h e  de 16:00 a 18:00 h
  • Venres 29: de 09:00 a 14:00 h 

Citas: no tlf. 881 909 319

Xornadas informativas hispano-alemano-suízas de Seguridade Social, na Coruña
Evento: 
Xornadas
Organiza: 
Instituto Nacional de la Seguridad Social
Deutsche Rentenversicherung
Schweizerische Ausgleichskasse
Data: 
28.09.2017 a 29.09.2017
Lugar:
Centro de Atención e Información de la Seguridad Social (CAISS) Nº 1
Avda. Pedro Barrié de la Maza, 18 - baixo
A Coruña - 15003A Coruna
España