Requirimentos de emenda das Escolas Abertas presenciais 2017

Listen to this page using ReadSpeaker
1936 lecturas
Anexo para descargar coas solicitudes que deben ser emendadas.
Estado: 
Procedemento pechado

ASUNTO: PUBLICACIÓN DOS REQUIRIMENTOS DE EMENDA DE DOCUMENTACIÓN DAS SOLICITUDES PRESENTADAS AO ABEIRO DA RESOLUCIÓN DO 24 DE MARZO DE 2017, DA SECRETARÍA XERAL DA EMIGRACIÓN, POLA QUE SE REGULA E SE CONVOCA O PROGRAMA DE ESCOLAS ABERTAS DESTINADO A PERSOAS DIRECTIVAS E RESPONSABLES DE IMPARTIR DOCENCIA NAS ENTIDADES GALEGAS E A PERSOAS GALEGAS RESIDENTES FÓRA DE GALICIA PARA O ANO 2017.

Examinadas as solicitudes presentadas ao abeiro da  RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regula e se convoca o Programa de escolas abertas destinado a persoas directivas e responsables de impartir docencia nas entidades galegas e a persoas galegas residentes fóra de Galicia para o ano 2017.  (D.O.G. nº 65, do 3 de abril), e de acordo co establecido no apartado 3 do artigo 10º da dita resolución, requírese aos/ás solicitantes que se relacionan no Anexo I para que no prazo de 10 días hábiles, contados a partir da publicación, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos.

De acordo co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, no caso de non emendar a falta ou achegar a documentación requirida no prazo antedito, terase por desistida da súa solicitude, logo de resolución que será ditada nos termos previstos na citada lei.

Para calquera información poderán dirixirse á Secretaría Xeral da Emigración no seu enderezo na Praza de Mazarelos, 15, CP 15703 de Santiago de Compostela ou aos números de teléfono 981 95 73 53 e 981 54 58 82.

As contestacións terán un carácter meramente informativo para o/a solicitante, sen que poidan ser invocadas para os efectos de interrupción ou suspensión de prazos, caducidade ou prescrición.

Data de publicación: 
29.05.2017
Data fin de prazo: 
12.06.2017
Convocatoria asociada: